Rob Kazinsky, un Frankenstein cachas

0
303

Rob Kazinsky (True Blood, Pacific Rim) interpretará á nova versión supercachas do clásico monstro creado por Mary Shelley no episódio piloto da série da Fox Frankenstein que producirán Rand Ravich e mais Howard Gordon.

Vagamente inspirada na mitoloxía da escritora do século XIX, a história vai sobre un antigo marine de 75 anos corrupto e actualmente traballando coma sheriff do condado, onde terá unha segunda oportunidade cando sexa resucitado de entre os mortos.

O novo sheriff será un xoven guapo e atlético (Kazinsky), polo que non deberá temer ser perseguido polas hordas de enfurecidos campesiños. Aínda así, terá que loitar para se ceibar das súas antigas tentacións e buscar un novo senso á súa vida, agora a cargo da xustiza da súa vila.

Adhir Kalyan é o outro protagonista desta série, que conta con Michael Cuesta para dirixir o piloto.