Renovado o spin-off de Walking Dead

0
326

A canle AMC semella tan satisfeita do episódio piloto da nova série spin-off de The Walking Dead, que xa se apuraron para anunciar non só que a van converter nunha série regular, senón que ademais terá dúas tempadas.

O mesmo cá série orixinal, a primeira tempada será curta, de tan só seis episódios dunha hora de duración. A segunda tempada será probábelmente xa mais longa, pero o anúncio oficial aínda non se produciu.

A série, que continúa sen ter un título oficial, será unha precuela que ten lugar en Los Angeles no albor do xérmolo da vaga zoombi. Cliff Curtis, Kim Dickens, Frank Dillane e mais Alycia Debnam Carey serán os protagonistas.

A primeira tempada estreará-se na AMC a finais do verán, contando con emitir todos os seus episódios antes do comezo da sexta tempada de The Walking Dead en outubro. A segunda tempada do spin-off debutará en 2016.