A Lionsgate ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema o xogo de mesa e novela gráfica Dust, e contratou a Rawson Marshall Thurber (We’re the Millers) para dirixi-lo.
O conto está ambientado nunha história alternativa, unha versión steampunk dos anos 40 onde a Segunda Guerra Mundial nunca rematou. O mundo está dividido agora en tres blocos: os Aliados (Estados Unidos, Franza, a Commonwealth), o Eixo (Alemaña e Xapón) e mais a SSU (China, URSS). Neste contorno, o descobremento dun novo mineral levará á creazón de robots de combate.
O deseñador fantástico italián Paolo Parente, quen traballou nos xogos de rol Mutant Chronicles e Magic: The Gathering, é o creador desta franquía.
O proxecto está agora nas mans dos guionistas e Dan Lin (The LEGO Movie) producirá o filme.