A produtora Plan B fíxo-se cos dereitos para o cinema sobre o conto de Stephen King The Jaunt, escrito en 1981 e que ten coma tema o teletransporte.
O conto orixinal formou parte da antoloxía de 1985 Skeleton Crew, que incluiu outros contos xa adaptados á pantalla grande con distinto éxito: The Mist, The Raft, Word Processor of the Gods e Gramma.
A história está ambientada no século XXIV, cando a tecnoloxía dos “paseios” para o teletransporte é algo común e a comunicación instantánea a través de enormes distanzas está implantada, incluíndo asemade as distanzas entre os planetas do noso Sistema Solar.
O único problema é que para transportar persoas, estas deben estar inconscientes. Os que tentaron viaxar estando conscientes ou morreron ou ficaron tolos decontado. O argumento vai sobre un pai que lle narra á súa família a história dos paseios mentres se preparan para unha viaxe a Marte.
O director e coguionista de Mama, Andy Muschietti, e mais a coguionista e produtora Barbara Muschietti, traballarán neste proxecto, pero ainda non se sabe en que postos exactamente. Os produtores serán Brad Pitt, Dede Gardner e mais Jeremy Kleiner.