Catro remakes de terror da RKO

0
163

Andy FickmanO director Andy Fickman ven de facer un trato coa Roseblood Movie Company e mais a Twisted Pictures para apadriñar catro remakes de filmes de terror dos tempos dourados da RKO, entre os qeu se inclúen tres que produciu o mestre do terror Val Lewton. Fickman (Race to Witch Mountain) dirixirá alomenos un deses filmes.

Roseblood é a división de thrillers e filmes de terror da RKO Pictures, e a Twisted é a división de filmes de terror da Evolution Entertainment, financiadores e produtores da saga de Saw. As dúas emrpesas cofinanciarán estes catro filmes.

Os filmes dos que se fará o remake serán Eu camiñei cun zombi, de Jacques Tourneur (1943), Os ladróns de corpos (1945), dirixido por Robert Wise e protagonizado por Bela Lugosi e Boris Karloff, Bedlam (1946) de Mark Robson e Five Came Back (1939), dirixido por John Farrow e protagonizado por Lucille Ball e John Carradine.

Os tres primeiros filmes foron producidos por Lewton cando dirixía a división de terror da antiga RKO, e o mesmo Lewton foi o guionista de Bedlam e Os ladróns de corpos baixo o alcume de Carlos Keith.