Ainda que levaba a se rumorear un par de meses, ven de se confirmar que Michael Biehn estará na nova película da saga de Alien que dirixirá Neill Blomkamp, e fará-o repetindo o seu papel de Hicks que xa fixera na segunda parte, Aliens, rodada en 1986.
Biehn fixo este anúncio usando o seu perfil de Instagram, pero as novas non se fixeran realmente públicas até que non emitiu un comunicado, no que dí:
“É oficial. Vou repetir o meu papel de Cabo Dwayne Hicks. Coa luz verde, Hicks regresará con Ripley a mediados de 2017. Se cadra Hicks e Ripley chegarán por fin á segunda base esta vez“.
A auténtica sorpresa é que por fin hai unha pista sobre o calendário de rodaxe. Biehn seica suxeriu que un par das súas aparicións en convencións en agosto poderían adiar-se por mor de conflitos de axenda coa rodaxe do novo Alien.
O que está por ver é como vai facer Blomkamp para resucitar a Hicks, quen morre nada mais escomezar a terceira parte da saga, Alien 3. Mentres tanto, o perfil de Instagram de Biehn semella estar desactivado nestes intres.