A Universal Cable Productions (Being Human, Defiance) fíxo-se cos dereitos para levar á pequena pantalla o cómic de ciéncia-ficción e terror de Steve Niles The Disciples.
A história vai sobre tres cazarrecompensas que son contratados por un importante Senador para que rescaten á súa filla adolescente, que está nas mans dunha misteriosa e estremadamente rica seita relixiosa que vive na lúa de Ganímedes. Pero cando chegan alí, descobren que algo saiu realmente mal.
O emblemático director de terror Wes Craven asociará-se con Niles para realizaren unha série de televisión que adaptará o cómic, que a editorial Black Mask Studios publica a partir de maio. Craven será produtor executivo, pero non dirixirá ningún episódio polo de agora. Niles, Matt Pizzolo e Brett Gurewitz participarán tamén coma produtores executivos.