O director do recente relanzamento das tartarugas ninjas Jonathan Liebesman é o nome que mais soa nestes intres coma encargado de realizar Man At Arms para a Thunder Road Pictures.
Ainda que esta é tamén unha história baseada na popular lenda do rei Artur, non debe confundir-se coa vindeira franquía dirixida por Guy Ritchie, Knights of the Round Table, que protagonizarán Charlie Hunnam e mais Eric Bana.
Man at Arms será segundo din moi semellante ao clásico Unforgiven de Clint Eastwood, e vai sobre un Lancelot que xa vai vello e que procura emendar o seu erro, a súa aventura amorosa coa raíña Xenebra que destruiu Camelot.
Jeremy Lott escribiu o guión. Basil Iwanyk, que xa traballou con Liebesman en Wrath of the Titans, será o produtor.