Ron Perlman coas meigas

1180

Season of the WitchO protagonista de Hellboy, o actor Ron Perlman, será o opoñenente de Nicolas Cage no vindeiro thriller sobrenatural Season of the Witch que producirán a Relativity Media e mais a Atlas Entertainment. Dominic Sena será o director, cun guión de Bragi Schut.

Season of the Witch narra a história duns cabaleiros do século XIV que deben transportar a unha nena sospeitosa de ser unha meiga responsábel de espallar a peste negra.

Stephen Campbell Moore, Claire Foy e Robbie Sheehan completarán o reparto.

A rodaxe escomezará a primeiros de novembro en Áustria e Hungría.