Volven os Expedientes X

0
307

Após de 13 anos do remate da série de televisión, David Duchovny e Gillian Anderson repetirán os seus emblemáticos papeis coma os axentes do FBI investigadores de fenómenos paranormais Fox Mulder e Dana Scully nunha minisérie de seis episódios de X-Files, segundo anunciou a canle hoxe mesmo nun comunicado oficial. O creador da série e produtor executivo da mesma, Chris Carter, será o encargado deste relanzamento.

A produción comezará este verán cunha data de estrea aínda sen especificar.

A série de ciéncia-ficción naceu en 1993 e durante os seus nove anos en antena colleitou nove prémios Emmy. Foi un éxito total para a Fox, que chegou a congregar a mais de vinte millóns de espectadores diante da pequena pantalla durante as tempadas cuarta e quinta, un récord hoxe só ao alcance de eventos deportivos.

The X-Files deu orixe asemade a dúas longametraxes para o cinema e lanzou as carreiras de moitos guionistas hoxe ben recoñecidos, coma Vince Gilligan (Breaking Bad) ou Howard Gordon (Homeland).

Este relanzamento é o terceiro que se anúncia de séries fantásticas despois de que a Showtime decedira resucitar a Twin Peaks e a NBC a Heroes.