Lázaro, do cómic á tele

0
326

A Legendary Television e mais o produtor Matt Tolmach fixéron-se cos dereitos para desenvolveren unha adaptación para a pequena pantalla do cómic orixinal de Greg Rucka e Michael Lark Lazarus.

A história está ambientada nun futuro distópico onde dezaséis famílias ricas governan a sociedade. Cada unha delas está protexida por un Lázaro, un ser inmortal modificado xenéticamente.

O cómic vai sobre Forever Carlyle, ún deses Lázaros, quen usa a forza e mais o engano para manter segura á súa família e mais os seus intereses.

Greg Rucka escribirá o episódio piloto e será o produtor executivo xunto a Lark e Tolmach. David Manpearl será o outro produtor.