Lana Condor fai-se un Xubileo

743

A actriz Lana Condor foi finalmente a elixida para se facer co papel de Jubilation Lee, mais coñecida coma Jubilee, na vindeira película de Bryan Singer, X-Men: Apocalypse. Condor úne-se asemade a un elenco de actores moi novos que darán vida a un grupo de mutantes mais adolescente nun filme que xa inclúe a Tye Sheridan no papel de Cyclops, Alexandra Shipp coma Storm, Sophie Turner coma Jean Grey e Kodi Smit-McPhee coma o Nightcrawler. Singer usou a súa conta de Instagram para facer o anúncio.

Nos cómics, o persoaxe de Jubilee (Gubileo na versión española) é unha mutante capaz de lanzar plasmoides enerxéticos coas mans. Converteu-se nun persoaxe popular despois de ter un papel clave na série de debuxos animados da Patrulla X dos anos 90. Katrina Florece e Kea Wong interpretaron ao persoaxe nos anteriores filmes, pero nun papel moi pequeno que non tiña nin diálogo. Este será o debut de Condor na pantalla grande.