No mundo do manga e mais o anime, a saga que está a rachar coa pana ultimamente até se converter nun éxitofóra das fronteiras dos afeccionados ao arte xaponés é a franquía de Attack on Titan.
Comezada coma manga en 2009, a propriedade converteu-se nun bombazo o ano pasado após da adaptación da série en anime en 2013 e cos volumes tankōbon do manga orixinal lanzados este pasado mes de decembro, todo o cal supuxo unhas vendas por riba dos 45 millóns de exemplares.
A história está ambientada nun mundo onde a humanidade vive dentro de cidades rodeadas de enormes valas para se defenderen dos Titáns, unhas creaturas humanoides xigantescas que devoran seres humáns. A acción céntra-se en tres persoas que se unen ao exército, pero cando descubren a verdadeira orixe dos Titáns, as cousas comezan a se complicar.
Agora a novidade non só é que se van facer dúas películas con actores reais este mesmo ano, senón que ademais haberá unha série de televisión que comezará a se emitir en Xapón este mes de agosto a través do servizo de streaming dTV.
A série contará seica co mesmo reparto cós filmes e irá sobre un persoaxe secundário dos manga que está a investigar a orixe dos monstruosos devoradores de persoas. Ademais aparecerán moitos outros persoaxes dos comics, xunto a outros creados específicamente para a série.
O programa de televisión funcionará coma ponte entre as dúas películas, que aparecerán no mercado en xullo e agosto e narrarán as aventuras dos tres principais protagonistas dos Corpos de Vixianza mentres non loitan cos Titáns.
A segunda tempada do anime non se agarda até 2016.