Anno e Higuchi únen-se para faceren Godzilla

0
328

Os realizadores xaponeses Hideaki Anno e Shinji Higuchi rodarán conxuntamente Godzilla 2016, o novo relanzamento xaponés da franquía de Godzilla pola súa produtora orixinal, a Toho.

Anno será ademais responsábel do guión mentres ca Higuchi supervisará os efectos especiais. Os dous directores xa colaboraran previamente na curta Kyoshinhei Tokyo ni Arawaru (Deus guerreiro xigante aparece en Tóquio).

Anno traballou na animación do clásico de Hayao Miyazaki Kaze no Tani no Nausicaä, dirixiu o anime Fushigi no Umi no Nadia (Nádia dos Mares Misteriosos) e creou a lendária franquía de Neon Genesis Evangelion. Higuchi pola súa banda fixo o seu debut coma director co filme de 2005 Rōrerai.

Nun comunicado oficial, a Toho declarou que “dende que Hollywood anunciou a resurrección de Godzilla, a expectación por outro Godzilla xaponés foi medrando. E coma se foramos novos produtores, buscamos aos creadores xaponeses que son os mais recoñecíbeis e que teñen mais paixón por Godzilla“.

A Toho concedeu permiso para facer un remake á Warner Bros. que en 2014 e coa dirección de Gareth Edwards fíxo-lle gañar case cincocentos millóns de dólares en todo mundo.