A Sony quere unha franquía de Robotech

0
295

A Sony Pictures asegurou-se os dereitos para facer unha versión con actores reais da popular série de anime Robotech, que xa planean converter nunha nova franquía.

A série orixinal de 1985 foi una combinación de tres séries xaponesas distintas, con escenas tomadas de Super Dimensional Fortress Macross, Super Dimensional Cavalry Southern Cross e Genesis Climber Mospeada, todas unidas para formaren un produto de 85 capítulos destinado ao mercado americano.

Como resultado, tiveron que facer unha chea de reedición e reescritura para poderen xuntar tres séries non relacionadas e que formaran unha liña argumental coherente que durase tres xeracións. Ainda hoxe a primeira tempada (baseada na série Super Dimensional Fortress Macross) é a de mais sona.

Gianni Nunnari e mais Mark Canton (300, Immortals) serán os produtores, mentres ca Michael Gordon (300, GI Joe) está a escribir o guión. Ao longo da pasada década outra xente tentou adaptar a série ao cinema, entre eles Tobey Maguire, Akiva Goldsman, Lawrence Kasdan, Nic Mathieu, Jody Harold e mais a parella formada por Alfred Gough e Miles Millar.