En marcha outra Nación Álien

0
250

A 20th Century Fox contratou os servizos dos guionistas de Iron Man Art Marcum e Matt Holloway para que escriban o libreto dun relanzamento da película de ciéncia-ficción de finais dos anos 80 Alien Nation.

A longametraxe orixinal estaba ambientada en 1991, cando uns refuxiados alieníxenas aparecen na Terra e tentan integrar-se en Los Angeles.

A acción ía sobre a parella de detectives da Policía formada polo veterán (James Caan) e mais o novato álien (Mandy Patinkin) que tentaban deter a un malvado home de negócios que quería vender unha nova droga aos extraterrestres.

O filme xerou unha série de televisión que se estreou ao ano seguinte e que só durou unha tempada na canle Fox, e entre 1994 e 1997 várias películas continuaron a saga con menor éxito. Gale Anne Hurd produciu o filme orixinal, pero non se sabe se regresará para esta nova versión.