George R.R. Martin, o autor da saga Canzón de Xeo e Lume que foi adaptada á pequena pantalla na superexitosa série da HBO Game of Thrones, vai iniciar un novo proxecto coa mesma canle para facer unha série diferente.
Seica Martin está a desenvolver unha nova série titulada Captain Cosmos, que iría sobre a vida dun xoven autor de ciéncia-ficción que vive no ano 1949 cando a televisión estaba a escomezar. O rapaz pasa o tempo escribindo contos que ninguén mais ousaría escribir.
O proxecto está aínda nas súas primeiras fases de desenvolvemento na canle con Michael Cassutt, guionista e co-produtor executivo de Z Nation na SyFy, escribindo o guión do episódio piloto.
A proposta de série non será unha prioridade para Martin, quen tivo que anunciar hai uns días que renunciaba a vários compromisos para poder rematar a sexta entrega da súa saga Canzón de Xeo e Lume, o tomo que se titulará The Winds of Winter.