O Libro das Sombras

0
153

Rob ReinerA Castle Rock ven de se facer cos dereitos de Book of Shadows, un guión para un filme de acción e aventuras sobrenaturais que escribiu Zoe Green e que servirá para que o realizador Rob Reiner se sente de novo na cadeira de director.

A história vai sobre un rapaz que debe embarcar-se na perigosa viaxe do seu primeiro amor e enfrontar-se a moitas probas de madurez metres vai na procura dun libro mítico chamado O Libro das Sombras, todo elo coa misión de restablecer o equilibrio do mundo. Case nada.

A idea seica xurdiu nunha xuntanza que mantiveron Reiner con Green, na que esta falou-lle do guión no que estaba a traballar. Green contratouna de seguido e se fixo cos dereitos sobre ese guión, ainda sen rematar.