A Sony Pictures Entertainment Motion Picture Group vai-se asociar coa MRC para co-finanzar unha adaptación da saga de novelas de Stephen King The Dark Tower.
Hai uns anos, a Universal e mais a Warners tentaron producir un cobizoso plan que combinaba unha triloxía de filmes con dúas tempadas dunha série de televisión baseadas na saga, composta por oito tomos. O proxecto ao final non puido saír adiante por mor de problemas finaceiros, coa comezo da crise económica.
Agora o plan da Sony é facer unha série de filmes, non se sabe cantos polo de agora, xunto cunha série detelevisión complementária. Seica Akiva Goldsman e Jeff Pinkner, que escribiron o guión da anterior versión, déron-lle unhas cantas voltas ao libreto e concebiron algo novo, pero aínda baseado no primeiro libro da série, o titulado The Gunslinger.
A Sony e mais a MRC están xa á procura de directors para este guión, e queren poñe-lo canto antes en marcha. Goldsman, Ron Howard, Brian Grazer e Erica Huggins serán os produtores.
Nun comunicado oficial, Stephen King declarou: “Estou emocionado de que The Dark Tower por fin vaia aparecer na pantalla. Os que viaxaron con Roland e os seus amigos na súa procura da Torre Escura van cumprir totalmente unhas esperanzas longamente contidas. Esta é unha versión brillante e creativa dos meus libros“.