José Padilha volve a Hollywood

0
224

Cando o brasileiro José Padilha declarou hai un par de anos após de rematar a rodaxe da súa mais ca decepcionante versión de Robocop que nunca mais volvería traballar en Hollywood, non debía estar falando moi en sério, porque a Warner Bros. Pictures ven de se facer cos dereitos para levar á pantalla grande Mindcorp, un thriller de ciéncia-ficción que o mesmo Padilha escribiu, e que posteriormente vendeu para se encargar el mesmo de dirixir.

Seica a história vai sobre a experimentación entre a mente o o corpo e mais un cura que será o responsábel do futuro da humanidade, pero os detalles do argumento ainda son secretos.

Dwain Worrell co-escribirá o guión xunto a Padilha, mentres ca Gianni Nunnari será o produtor.