Prepára-se a série de Suspiria

0
364

A produtora italiana Cattleya está a desenvolver unha adaptación en inglés para a pequena pantalla do clásico filme de terror de Dario Argento Suspiria. En princípio, trataría-se de facer unha série de 12 episódios dunha hora de duración, coa ideia de se cadra continuar nunha segunda tempada.

Suspiria De Profundis será unha adaptación da novela homónima de Thomas De Quincey e que insipou o clásico de Argento de 1977. O mesmo Argento traballará coma supervisor artístico da série.

Aínda que a versión de Argento era dunha caste mais psicodélica ca terrorífica, estaba baseada nunha remota escola de danza en Baviera que resultaba ser unha cova de meigas, a nova série estará baseada en Londres e Roma ao comezo do século XX e misturará elementos de mistério con exploracións de fantasías psicolóxicas do mal.

Argento dixo nunha declaración que “a extraordinária liberdade de expresión e creatividade que ofrece o moderno drama en televisión e mais o interese que o público amosa por elo animáron-me a facer un intento neste novo xénero“.