Patty Jenkins dirixirá Wonder Woman

0
304

A directora Patty Jenkins pechou un acordo para se encargar do filme de Wonder Woman para a Warner Bros. Pictures.

A súa contratación foi dada a coñecer só uns días despois de que chegaran as novas da retirada da que ía ser a directora até ese intre, Michelle Maclaren, unha experimentada directora de televisión que renunciou ao posto por mor das clásicas “diferéncias creativas”.

Considerando que as mulleres non teñen en xeral moito interese polo xénero de superheroes, a decisión da Warner é arriscada pero interesante. A súa contratación pola DC Comics supón en todo caso un xiro irónico á história: Jenkins ía converter-se na primeira muller que dirixise un filme de superheroes da história coa secuela de Thor, pero finalmente renunciou ao proxecto e Alan Taylor fíxo-se co posto e fixo un gran traballo.

Agora, coa empresa rival da Marvel, a Warners necesitaba asegurar-se un director o antes posíbel para poder ter o proxecto listo para a súa estrea prevista, no verán de 2017.