Vaughn quere dirixir a Flash Gordon

0
218

Seica o realizador Matthew Vaughn está a negociar a súa contratación para o relanzamento da franquía de Flash Gordon pola 20th Century Fox. John Davis (Chronicle) e mais a King Features Syndicate serán os produtores. O persoaxe de Flash Gordon data dos anos 30, cando foi creado por Alex Raymond, pero non regresou á pantalla grande dende 1980 co filme inglés homónimo dirixido por Mike Hodges.