Haberá segunda tempada de Daredevil

1356

Menos de dúas semanas despois da súa estrea, a Netflix ven de anunciar oficialmente que a súa série Marvel’s Daredevil foi renovada para unha segunda tempada, que se emitirá en 2016. Charlie Cox (Matt Murdock/Daredevil), Vincent D’Onofrio (Wilson “Kingpin” Fisk), Deborah Ann Woll e mais os outros membros do reparto regresarán para o ano novo.

Atrás das cámaras haberá, nombergantes, algúns trocos. Doug Petrie (American Horror Story) e Marco Ramirez (Sons of Anarchy) serán os novos showrunners despois da renúncia de Steven S. DeKnight.

Drew Goddard e Jeph Loeb continuarán coma produtores executivos dunha série que, coma é habitual na Netflix, foi posta totalmente a dispór do público pero que continúa a ser emitida polo servizo de pago semanalmente.