Un ex Power Ranger, asasino

0
184

Skylar DeleonSkylar Deleon, que se convertiu nun ídolo para moitos nenos por mor do seu pequeno papel no filme Mighty Morphin’ Power Rangers, foi onte declarado culpábel dun triplo asasinato e podería mesmo ser condeado a morte.

Segundo un tribunal en Santa Ana (Califórnia), Deleon matou hai cinco anos a un home e afogou hai catro anos coa axuda da súa ex-muller a un matrimónio.

Deleon, de 29 anos, e mais a sua muller presentáron-se en setembro de 2004 perante a parella como posíbeis compradores do seu iate de luxo. Durante unha viaxe de proba polo Pacífico, tomaron pola forza á parella e os encadearon ao áncora do iate. A parella afogou-se.

Deleon e mais a sua esposa roubaron o barco, valorado en 500.000 dólares e tamén pensaban saquear as contas da parella. A ex esposa de Deleon xa fora condeada polo mesmo feito nun proceso distinto a unha dobre cadea perpétua.

O terceiro asasinato produciu-se un ano antes do da parella, e nel Deleon roubou 50.000 dólares a un home e logo degolouno.