O trío do Esconxuro fai a Entidade

930

Os guionistas de The Conjuring Chad e Carey Hayes van-se reunir unha vez mais co director daquel filme, James Wan, para faceren un remake da película de terror de 1983 The Entity. Os Hayes escribirán o guión e Wan producirá esta nova versión do clásico.

Barbara Hershey protagonizou o filme orixinal no papel dunha nai solteira violada por un demo sobrenatural. Ron Silver interpretou a un médico que cría que a nai estaba a finxir os ataques e a experimentar ilusións paranoides por mor do seu complicado pasado emocional.

Wan, que non vai dirixir esta versión, encargará-se en troques de Conjuring 2: The Enfield Poltergeist este outono. Roy Lee tamén está vencellado coma produtor do filme.