Ainda que os rumores comezaron hai algún tempo, por fin se fixo oficial que a Marvel Studios ven de contratar ás guionistas Nicole Perlman (Guardians of the Galaxy) e Meg LeFauve (Inside Out) para se encargaren da adaptación ao cinema de Captain Marvel.
Nos cómics, Carol Danvers era unha xefa de seguridade da Forza Aérea americana que se transforma na superheroína coñecida coma Ms. Marvel após do estourido dun artefacto de tecnoloxía Kree. Mais tarde, Danvers tomou a identidade do defunto Capitán Marvel.
Para a versión no cinema, todo o que se sabe polo de agora é que o persoaxe de Danvers será o que se utilice para interpretar á superheroína. Había rumores de que podería facer un cameo ao final de Avengers: Age of Ultron, pero isto foi desmentido.
Polo de agora non se sabe que actriz dará vida á Capitana e tampouco quen será o director do filme, que de todas formas non se estreará até novembro de 2018.