O novo de Songoku, en xullo

0
299

A Toei Animation ven de anunciar os seus plans para realizar Dragon Ball Super, a primeira série de anime da saga de Dragon Ball da produtora xaponesa dende que rematou Dragon Ball GT hai xa case vinte anos. O creador orixinal da saga, Akira Toriyama, supervisará o proxecto, que producirá a Fuji TV.

A história narrará as aventuras de Songoku despois da súa dura batalla contra Majin Bu, mentres tenta manter a fráxil paz conseguida na Terra.

O produtor da Fuji TV Osamu Nozaki declarou: “Toriyama desenvolveu un argumento que non só é un soño feito realidade para os millóns de fans de Dragon Ball, senón ún que acollerá unha nova xeración de espectadores“.

Dragon Ball, que en Galiza foi dada a coñecer na TVG baixo o título de As Bólas Máxicas, foi creada coma manga no ano 1984, e dende aquela estreou-se en mais de setenta países converténdo-se nunha franquía a nivel mundial que orixinou todo tipo de produtos e recadou millóns de dólares para os seus creadores.

O anúncio fíxo-se público tan só uns poucos días despois da estrea da longametraxe Doragon Bōru Zetto: Fukkatsu no Efu (Dragon Ball Z: Resurrección F), que foi un éxito en Xapón e agarda a súa estrea noutros 74 países.

Dragon Ball Super debutará en Xapón en poucos meses, xa en xullo de 2015.