En marcha un remake de Cube

0
285

A Lionsgate e mais a Vertigo Entertainment veñen de escomezar o desenvolvemento conxunto de Cubed, o que suporá o primeiro remake de Cube, o thriller de ciéncia-ficción estreado no ano 1997.

Vincenzo Natali dirixiu o filme orixinal, unha película independente rodada en Canadá na que cinco persoas espertan nunha estraña habitación cúbica, na que hai zapóns en todos os seus lados, e todas elas conducen a habitacións semellantes, só que algunhas conteñen trampas mortais.

O grupo tenta atopar unha saída da estrutura ao mesmo tempo que loita por averiguar o motivo polo que foron encerrados nela. O filme converteu-se axiña nun clásico de culto, que orixinou unha secuela e mais unha precuela.

Saman Kesh será o director deste remake, que conta cun guión que aínda está a escribir Phil Gawthorne, baseado nunha nova visión alternativa creada por Kesh. Roy Lee e mais Jon Spaihts serán os produtores.