Nispel contra os monstros mariños

0
267

O director de Friday the 13th e Pathfinder, o alemán Marcus Nispel, ven de chegar a bordo do proxecto de Stowaway, un thriller de terror que producirá a White Sands Pictures.

A película estará baseada na mitoloxía nórdica sobre unha vingativa creatura mariña e o argumento xira ao redor dun iate no que unha muller recén prometida descobre un segredo familiar no fondo do océano.

O tón, segundo din, será o dun filme “provocador de monstros calificado para maiores, cunha besta que é humanoide e que ataca dende por baixo das augas escuras“.

Nispel e mais Juhani Nurmi crearon a história que Scott Sandler, Connor Colebrook e Nurmi adaptarán a un guión. Nispel e Stefan Brunner serán os produtores e a rodaxe comezará en outono.