O Berce do Gato, á tele

0
388

A IM Global Television ven de anunciar os seus plans para unha adaptación á pequena pantalla da clásica novela de ciéncia-ficción Cat’s Cradle, escrita por Kurt Vonnegut en 1963.

A história vai sobre un home que fica vencellado ao fillo dun físico galardoado co Prémio Nóbel e que traballou no Proxecto Manhattan. A acción está ambientada na fictícia illa caribeña de San Lourenzo, unha ditadura povoada por un estraño culto.

O macguffin da história é unha sustáncia creada polo físico para os militares chamada xeo-nove, unha estrutura alternativa do auga que é sólida a temperatura ambiente e que ten o poder de solidificar calquera auga líquida coa que entre en contacto.

A sustáncia foi abandoada polo perigo que supón, xa que se chegara tocar calquera corpo de auga que estea en contacto co océano podería conxear todos os mares do mundo decontado, causando a eliminación de toda forma de vida sobre a Terra.

Cat’s Cradle será desenvolvido por Brad Yonover e Sandi Love, quen serán os produtores executivos.

A IM Global anunciou asemade que planea unha adaptación da saga de novelas de Darkover, a mistura de fantasía e ciéncia-ficción creada por Marion Zimmer Bradley.