Un Pennywise de 22 anos

0
287

Will Poulter (The Maze Runner) está a negociar a súa incorporación ao reparto de IT, a vindeira nova adaptación ao cinema que a New Line prepara sobre a clásica novela de terror de Stephen King, para interpretar a Pennywise, o monstro mutante que se agocha baixo a forma dun pallaso.

Cary Fukunaga (True Detective) será o director desta versión, que se comporá de dúas partes e que vai sobre un grupo de rapaces que se unen un verán para derrotaren ao monstro que está a axexar á súa cidade.

Trinta anos despois, as versións adultas dos persoaxes deberán regrrsar á vila para remataren coa ameaza que está a matar de novo. En 1991 xa se fixera unha adaptación da novela á televisiuón, que protagonizou Tim Curry no papel de Pennywise, se cadra o que mais o marcou na súa longa carreira coma actor principalemnte cómico.

Con Poulter semella que na nova versión o pallaso será moito mais xoven, se ben outros actores coma Mark Rylance e Ben Mendelsohn aínda non están totalmente desbotados para o papel. Poulter, que só ten 22 anos, seica convenceu ao director durante o seu cásting e nestes intres é o home elixido, pendente de que queira asinar o seu contrato.

Fukunaga escribiu o guión para os dous filmes xunto a Chase Palmer. A rodaxe escomezará xa este mesmo verán.