O regreso do Anano Vermello

0
315

A clásica comédia inglesa de ciéncia-ficción Red Dwarf semella ter todas as papeletas para non só se converter nunha das favoritas dos fans de todos os tempos, senón de se facer con novos fans, porque está a piques de regresar con dúas novas tempadas.

A canle de televisión inglesa Dave está arestora a considerar a produción de dúas tempadas, que serían a undécima e duodécima, e que se emitirían en 2016 e 2017 respectivamente. As dúas tempadas serán rodadas conxuntamente a finais deste ano.

O co-creador da série orixinal, Doug Naylor, dixo: “En 2012 xa nos pediran facer mais programas, pero foi moi frustrante ter que agardar até agora para ter a todos os rapaces dispoñíbeis ao mesmo tempo. Agora que o están, estamos totalmente encantados“.

O protagonista, Craig Charles, abandoará o seu papel no culebrón Coronation Street, no que leva mais de dez anos, para rodar estas dúas tempadas de Red Dwarf.