Xa é oficial. A CBS deu-lle a luz verde á nova série Supergirl, baseada no persoaxe dos cómics da DC, e encargou unha tempada enteira para emitir na canle.
Melissa Benoist (Glee) será a protagonista no papel de Kara Zor-El, a rapaza que puido escapar da destrución de Krypton e tivo que agochar os seus superpoderes, idénticos aos do seu famoso curmán Superman. Agora, aos seus 24 anos, decide aceptar as súas habilidades superhumáns e converter-se na superheroína que sempre quixo ser.
O proxecto ven da man dos creadores de Arrow e The Flash, a equipa formada por Greg Berlanti e Andrew Kreisberg, quen serán os produtores executivos xunto a Ali Adler e Sarah Schechter.
A CBS ainda non se decediu pola data de estrea, pero será a finais de outono ou a comezos do ano que ven. Polo de agora está dispoñíbel un tráiler no que xa se deixan ver algunhas cousas importantes.