Myst aparecerá na Hulu

0
316

O servizo de vídeo online Hulu ven de se comprometer a producir unha nova série de televisión baseada na clásica franquía de videoxogos de Myst, a mais importante de todos os tempos até a aparición de The Sims.

A Legendary Television, o guionista de Divergent Evan Daugherty e mais o produtor de The Amazing Spider-Man Matt Tolmach son os responsábeis desta adaptación.

A história tentará explorar as orixes dunha illa misteriosa onde un home sen memória esperta sen ter ideia de quen é nin de como chegou alí.

A Legendary fíxo-se cos dereitos o pasado outono e a Hulu encargou un guión, que após da aprobación que ven de obtér, podería converter-se nunha nova série de televisión.