Os plans da Fox cos Novos Mutantes

0
263

A 20th Century Fox ven de pechar un acordo co director de The Fault In Our Stars, Josh Boone, para que se encargue de The New Mutants, o mais famoso spin-off do universo dos X-Men.

Boone dirixirá o proxecto e co-escribirá o guión xunto a Knate Gwaltney. Simon Kinberg e Lauren Shuler Donner serán os produtores. A série do cómic, que levaron á súa máxima exceléncia Chris Claremont (o guionista) e especialmente Bill Sienkiewicz (coma debuxante) presentará a unha nova xeración de mutantes dotados con poderes especiais.

Kinberg dixo: “Estamos moi emocionados de explorar esta nova parte do universo dos X-Men e moi emocionados de face-lo con Josh, que está especialmente dotado para narrar esta história sobre persoaxes xóvenes“.

O proxecto nombergantes deberá agardar un pouco porque Boone has ten un par de compromisos prévios, o de se encargar do relanzamento no cinema da saga de Anne Rice The Vampire Chronicles e mais o da adaptación da novela épica de Stephen King The Stand.