Luc Besson volve á ciéncia-ficción

0
303

Case vinte anos despois de entrar coma un elefante nunha cacharrería no mundo da ciéncia-ficción coa súa persoal visión de The Fifth Element, o realizador francés Luc Besson quere regresar ao xénero e ten plans para escribir e dirixir unha adaptación ao cinema da clásica novela gráfica francesa de ciéncia-ficción Valerian para a EuropaCorp.

Dane DeHaan (The Amazing Spider Man 2) e Cara Delevingne (Paper Towns) serán os protagonistas do filme, titulado Valerian and the City of a Thousand Planets e que comezará a se rodar en decembro coa vista posta nunha estrea no verán de 2017.

Pierre Christin e Jean-Claude Mezieres escribiron o cómic orixinal en 1967, unha mistura de space opera e viaxes no tempo, que vai sobre dous axentes espazo-temporais que axudan a defender unha utópica Terra do século XXVIII e mais aos seus planetas veciños contra os malos.

Virginie Besson Silla será a produtora.