Natali, nun proxecto da família King

0
316

O director dos clásicos Cube e Splice, o canadiano Vincenzo Natali, será o encargado de adaptar ao cinema a obra conxunta de Stephen King e mais o seu fillo Joe Hill In The Tall Grass.

Ambientada ao redor dunha parada de carreteira abandoada en Kansas, a história comeza dun xeito inocente pero finalmente converte un inócuo campo de semente no escenário dunha perturbadora narración de terror.

Natali dixo nunha entrevista: “Quen ía pensar que un campo de herba ía ser tan terrorífico? De certo que Stephen King e Joe Hill atoparían un xeito. Eles transformaron un inocente campo no escenário da mais inquietante história de terror que eu lin nunca“.