Lynch regresa á volta de Twin Peaks

0
425

Seica David Lynch e mais a Showtime chegaron por fin a un acordo após de meses de intensas negociacións seguidas punto por punto pola prensa ao longo das últimas semanas.

O mesmo Lynch confirmou na súa conta de Twitter que a nova tempada de Twin Peaks volve estar viva, e que el mesmo será o director de todos os episódios. Pero iso non é todo, porque a canle podería engadir novos episódios á ideia orixinal (que ía ser de tan só nove). O reconto final aínda non está rematadoa día de hoxe.

O Presidente da Showtime, David Nevins, dixo nunha declración oficial que “esta maldita taza de café de Mark e David sabe mais deliciosa ca nunca. Pagou a pena totalmente o tempo extra de elaboración e a cunca é mais grande do que agardabamos. David dirixirá todo, que serán mais das nove horas que anunciamos orixinalmente. A preprodución comeza xa!!

Os guións xa estaban escritos e todo está xa disposto para que os novos episódios debuten na canle ao longo de 2016.