A agardada versión para o cinema do clásico libro de ciéncia-ficción de William Gibson Neuromancer, que leva xa vários anos encerrada nun caixón, semella ter atopado unha nova oportunidade.
A produtora inglesa GFM Films ven de se asociar coa chinesa C2M Media Group para financiaren conxuntamente o proxecto. A dúas empresas tentarán desenvolver e producir o filme e xa están nestes intres á procura dun novo guionista e mais dun director.
No pasado houbo grandes nomes vencellados a este proxecto, entre eles os de Vicenzo Natali (Cube) e Joseph Kahn (Torque) pero actualmente o único nome que fica é o do produtor Lucas Foster (Mr. and Mrs. Smith).