Boba Fett nun filme de seu

0
311

A convención Star Wars Celebration comezará dentro de poucas semanas, e a presidenta da Lucasfilm Kathleen Kennedy e mais a actriz de Star Wars: The Force Awakens Daisy Ridley celebraron unha rolda de prensa televisada en Xapón, para a que non chegou a tradución ao inglés até hai un par de días.

A Star Wars 7 News puido obter as traducións do que se dixo e froito delo reveláron-se novos segredos sobre a franquía.

O persoaxe de Ridley, Rey, usará o estilo de loita bojutsu (un tipo de arte marcial xaponés) para o que leva adestrando xa un tempo baixo a supervisión do coreógrafo de loita con espadas da série da HBO Game of Thrones.

A cita mais salientábel da rolda de prensa chegou cando lle preguntaron a Kennedy sobre a posibilidade de traer de volta a algúns persoaxes da primeira triloxía, específicamente o favorito do público americano, o cazarrecompensas Boba Fett e mais os Ewoks. Ela respondeu:

Non vos preocupedes. Boba Fett é unha alta prioridade na nosa lista, por favor agardade. Pero que os Ewoks regresen é mais difícil de imaxinar. É moi dificil dar-lle a todas as estrelas de Star Wars unha história de seu no cinema“.

Agora toma mais forza a posibilidade de que o segundo dos filmes de Star Wars: Anthology inclúa un destaque importante de Boba Fett, e mesmo podería ser un filme que narrase a súa orixe.