Unha demanda “Colossal”

1007

Onde as dan, as toman. A Voltage Pictures, a produtora que se labrou un nome en Hollywood a base de perseguir aos seus próprios espectadores lanzando demandas por piratería contra moitos fans, ven de descobrir o que se sinte cando é ún mesmo o demandado.

A produtora xaponesa Toho, posuidora dos dereitos sobre a franquía de Godzilla, demandou á Voltage por mor da súa vindeira nova película de monstros, Colossal, que protagonizará Anne Hathaway e dirixirá Nacho Vigalondo. Neste film,e a protagonista decáta-se de que ten o poder de se contectar mentalmente cun lagarto xigante que está a destruír Tóquio.

Na demanda, presentada hai dous días en Califórnia, a Toho afirma que os realizadores da Vintage “están a producir, publicitar e vender con orgullo un filme non autorizado de Godzilla“. Parte do problema é un e-mail enviado antes do Festival de Cannes, onde tentaron vender o filme, e seica ese e-mail contén unha foto do relanzamento de Godzilla en 2014. Pero esa non é a única proba.

Na demanda, a Toho dí que “que alguén se vencelle a tan descarada infracción da propriedade intelectual allea xa é malo dabondo. Que os demandados, que son coñecidos por protexeren celosamente os seus própios dereitos, o fagan, é indignante en extremo“.

A Toho demandou á Vintage por infracción de copyright e de marcas rexistradas, por dilución de marcas rexistradas, violación da lei de Lanham, competéncia inxusta e enriquecemento ilícito, e quere que a demandada abandoe a produción do filme e que lle pague danos e prexuízos.