Witherspoon, a nova Campaniña

0
300

Reese Witherspoon será a protagonista e produtora de Tink, unha versión con actores reais do clásico persoaxe Campaniña, que aparece nos libros de Peter Pan, para a Pacific Standard.

A história xogará coa ideia e mais a liña temporal da ben coñecida narración de Peter Pan e seica será coma a recente Maleficent da Disney, no senso de contar un conto xa coñecido, pero dende un punto de vista novo.

A guionista Victoria Strouse encargará-se do libreto deste proxecto, que tamén producirá Bruna Papandrea. Polo de agora non hai director vencellado, pero agárda-se que o orzamento non sexa moi alto.