Robert Rodriguez dirixirá a Jonny Quest

0
272

O director texano Robert Rodriguez (Sin City) será o encargado da adaptación á pantalla grande con actores de carne e óso dos clásicos debuxos animados da Hanna-Barbera Jonny Quest.

A série orixinal ía sobre as aventuras dun rapazolo acompañado polo seu pai científico, investigando mistérios por todo o mundo. Xunto a eles viaxaba o seu irmán adoptado, un neno de Calcuta, e mais un can e un axente do governo encargado de protexe-los. A série só durou unha tempada pero reviviu nos anos 80 e 90 na Cartoon Network.

Rodriguez e mais o guionista de The Mask of Zorro, Terry Rossio, escribiron o libreto a partir dun boceto orixinal de Dan Mazeau. Dan Lin e Adrian Askarieh serán os produtores.

O proxecto leva en desenvolvemento mais de dúas décadas e semellaba a punto de saír adiante hai uns anos cando o director de Get Smart foi encargado de produci-lo, con Zac Efron e Dwayne Johnson coma protagonistas, pero esa versión nunca chegou ver a luz.