A 20th Century Fox e mais a Davis Entertainment están a planear unha nova adaptación unha nova adaptación ao cinema da aclamada série de cómics de fantasía histórica The League of Extraordinary Gentlemen, orixinal de Alan Moore.
O primeiro volume da obra orixinal estaba ambientada nun Londres vitorián retrofuturista con persoaxes literários reais. No conto, Mina Murray, Allan Quatermain, o Capitán Nemo, o Home Invisíbel e mais o Dr. Jekyll aliában-se para deteren unha guerra entre dous tiránicos viláns (James Moriarty e Fu Manchu) que queren controlar Londres.
A obra foi adaptada en 2003 nunha longametraxe que protagonizou Sean Connery antes de se retirar para sempre. As esperanzas de que aquel filme fose o primeiro dunha franquía ficaron esmagadas polas pésimas críticas e pola escasa recadación nos despachos de billetes.
En 2013 fíxo-se un intento de levar a série á televisión, pero tampouco saiu adiante. John Davis será o produtor deste novo intento, que supervisarán Ira Napoliello e Matt Reilly.