A Universal Television ven de se facer cos dereitos sobre o cómic de Kieron Gillen, Jamie McKelvie e Matt Wilson The Wicked + The Divine e planea converte-lo nunha série de televisión.
A história vai sobre un grupo de xente con poderes sobrehumáns coñecidos coma “O Panteón”, que reciben os seus poderes após de se fundir con deuses, un proceso que tamén reduce a súa esperanza de vida.
Matt Fraction e Kelly Sue DeConnick serán os produtores. O comic acadou recentemente tres nominacións para os prémios Eisner, incluíndo o da Millor Nova Série.