James Wan fará Aquaman e Robotech

0
313

O director australián James Wan ven de pechar un acordo polo que se encargará de desenvolver e dirixir o filme Aquaman protagonizado por Jason Momoa para a Warner Bros. Pictures, así coma a adaptación con actores reais da série de anime dos anos 80 Robotech para a Sony Pictures.

Após do seu recente éxito con Furious 7, o seu novo proxecto será The Conjuring 2: The Endfield Experiment para a New Line, e tan só despois de rematar este poderá comezar cos dous anteditos filmes.

Dos dous, Aquaman será posíbelmente o primeiro en se producir, pero mentres tanto Wan supervisará o guión que está a escribir Kurt Johnstad. O voceiro da Warner Bros, Greg Silverman, declarou que “o filme de Aquaman será unha das producións mais salientábeis para nós e o alcance do traballo de James demostrou que é capaz de se encargar de calquera tipo de proxecto, fornecendo o material co seu incríbel talento creativo e coa súa voz única“.

O filme de Aquaman, que é parte do universo cinemático da DC Comics que comezou con Man of Steel, ten prevista a estrea para 2018.