O Monte Pelado chimpa ao cinema

0
362

A Disney Pictures ven de anunciar plans para facer unha versión con actores reais do segmento Night on Bald Mountain do seu filme de debuxos animados de 1940 Fantasia.

O segmento orixinal, ambientado co poema musical do compositor ruso Modest Mussorgsky Unha noite no monte pelado con arranxos de Leopold Stokowski, céntra-se nunha sinistra creatura alada que esperta aos espíritos dos mortos durante unha noite de esmorga para despois envia-los de volta ás súas tumbas cando volve saír o sol.

Matt Sazama e mais Burk Sharpless (Dracula Untold, The Last Witch Hunter) escribirá o guión para o proxecto e será o produtor executivo. Este será o segundo dos oito segmentos do filme orixinal que son adaptados nunha longametraxe de seu, após de que en 2010 fora estreado The Sorcerer’s Apprentice.

O filme seica terá o mesmo tón do filme da Disney Maleficent que protagonizou Angelina Jolie.