A Warners fai-se con Uprooted

0
330

A Warner Bros. Pictures ven de gañar unha dura guerra para se facer cos dereitos para levar á pantalla grande a novela fantástica nominada ao Hugo Uprooted, orixinal de de Naomi Novik.

A história vai sobre unha muller chamada Agnieszka que vive preto da fronteira cun bosque enmeigado. Só hai un meigo que semella poder manter o meigallo baixo control, pero o prezo pola súa protección é que unha muller da vila debe servir na súa casa durante dez anos, e Agnieszka é a candidata nestes intres.

Nunha rara incursión no mundo do cinema, a actriz Ellen DeGeneres e mais Jeff Kleeman serán os produtores desta adaptación na que a Warners bateu á Lionsgate e mais á Fox 2000 para se facer co proxecto.

Novik tamén escribiu a série de libros de dragóns Temeraire, que Peter Jackson optara a dirixir hai dez anos.