Ainda que a adaptación ao cinema da novela de Stephen King It pode estar morta, a longamente agardada adaptación doutra das súas grandes obras, The Stand, ven de sofrir unha metamorfose que a converteu nalgo moito mais importante.
Segundo os últimos informes, o director e guionista de The Fault In Our Stars Josh Boone estaba a traballar na adaptación da novela nun filme de tres horas de duración. A história vai sobre unha batalla épica entre o Ben e o Mal despois de que a povocación dos Estados Unidos fose aniquilada por un virus mortal, coa narración enfocada nun grupo de supervivintes qye loitan contra unha figura que seica é o Anticristo chamada Randall Flagg.
Pero a semana pasada a prensa informou que a Warner Bros. Pictures, a CBS Films e mais Boone están a manter conversas para produciren unha minisérie de 8 episódios que adaptará á televisión a novela… todo elo ademáis do filme!
O grupo seica está a negociar coa canle por cabo Showtime para producir esta minisérie que culminará coa longametraxe de grande orzamento. Boone escribirá e dirixirá a minisérie que podería comezar a se rodar o ano que ven todo conxuntamente.
Así pois toido semella indicar que por fin The Stand terá unha adaptación de conformidade co tón épico da novela e que un só filme nunca podería acadar. Agárda-se que o mesmo Stephen King participe dalgún xeito xunto aos produtores Roy Lee e Jimmy Miller.